Debates electorais
Editorial - lunes, 08 de octubre de 2012
Estamos en plena campaña electoral para as autonómicas galegas que o próximo día vinteun decidirán o porvir político da nosa autonomía para os próximos catro anos.
E se ningunha elección contempla en exclusiva o tema pola que é convocada, esta de agora vese profundamente relacionada con todo o que no noso contorno acontece, desde a problemática económica e social do conxunto do Estado ata a situación interna dos principais partidos políticos que contenden nestas eleccións.
Que en estas elecciónS se plantee a celebración de debates entre os contrincantes paarece como se só fose para manter o tipo, para dar a sensación de normalidade no interior das forzas políticas tentando que esa sensación trascenda e se consiga un clima de normalidade para votar e organizar un período cuatrienal da nosa vida autonómica.
Que haxa debates, acordados polos tres partidos maioritarios, é unha excelente demostración de boa vontade democrática, do desexo de normalidade, de sentarse para razonar sobre os temas políticos que estamos en disposición de coñecer, debater e solucionar.
Moito quedará sen tratar neses debates, moito quedará por facer despois do vinteun de outubro. Pero polo menos queda claro que hai vontade de falar, de debatir, e que falando a xente pode entenderse. Os políticos, tamén.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora