Silencio polo defunto
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 08 de octubre de 2012
Corrían os carrouchos do millo polos regos da Cavada e choutaban os cempés de repolo en repolo e de remolacha en remolacha. Voaban os peixes polo espazo sideral da Pitediña e cantaban as pedras dos valados que separaban as leiras das Pedradarcas.
Un escritor escoitaba o ruxerruxe do vento, pero quen realmente facía ruído era o burro de Graciliano Pérez que orneaba con dirección ó muíño de Gumersindo de Escornabois.
O burro non era tan burro; sabía que no muíño estaba a burra do muiñeiro.
Cando as campás da igrexa de Baños de Molgas tocaron a morto, todo quedou, por un instante, en silencio. Acababa de morrer o vello lagarto que levaba anos subido no cruceiro das Lamas. O silencio rachou no seguinte aviso polo defunto.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora