Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Críticas

viernes, 01 de abril de 2005
A persoa que ostenta un cargo público, dependendo da altura deste, ten ó seu dispor a coerción e os investimentos, de xeito que o seu poder de decisión, o seu poder, é ostensible, e as súas decisións de cumprimento obrigado.

Estas decisións terán logo os recursos na súa contra que procedan, que para eso hai mecanismos legais que se poñen en marcha a instancia de parte ou de oficio. E, sobre todo teñen, tempo despois, axeitado xuicio cando os cidadáns que colocaron esas persoas nos cargos públicos deciden sobre a súa continuidade ou non.

Pero hai, de xeito inmediato, un mecanismo a disposición de todos (institucións ou público), que é o da crítica, máis ou menos fundada, que se pode exercer diante de calquera acción de goberno.

Así, os particulares exercen a crítica diante de accións que consideran non axeitadas á normalidade, os políticos critican a actuación dos servidores públicos de outra cor (ás veces, da mesma), e mesmo entre institucións se da a protesta, a repulsa ou a denuncia polos acordos de outras institucións ou cargos destas que consideran desacertados.

E no diario convivir político cóntase coa crítica como elemento inherente ó exercicio dos cargos, e acéptase a maior ou menor virulencia como algo natural.

Sabido é que o Presidente da Xunta, Manuel Fraga, non se recata nas súas críticas ó goberno central polas disonancias que se observan no trato deste con Galicia, comparado co que reciben outras autonomías. Visto desde Galicia, esto dase por ben feito, porque responde a un sentir xeral, e porque hai que manter unha situación de vixiancia sobre o trato recibido para que non decaia o ánimo. O que non é de recibo é que o Presidente do
Goberno lle diga ó Presidente de Galicia "que deben moderarse los mensajes de intranquilidad que se pretenden hacer llegar a la población sobre la paralización de proyectos".

Non é eso: A poboación está intranquila pola paralización de proxectos que en Galicia se está rexistrando, polo que o Presidente da Xunta non fai máis que recoller esa intranquilidade xeral e transmitila hacia o que pode tranquilizarnos.

As críticas, para un político, son inherentes ó cargo. Van incluídas no soldo, e forman parte do desaiuno da mañán, ou dos descansos do solpor. E un político ten que asumilas e procurar non merecelas.

Se se demostra que son inxustas, as críticas caen por sí soas. Se, como neste caso ocorre, son froito das indefinicións, dos retrasos e dos esquecementos, o mellor xeito de pecha-la boca ós críticos é gobernar para todos. Neste caso, tamén para Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania