Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A tregua de San Froilán

viernes, 05 de octubre de 2012
Desde hai varios meses, vense dicindo que hai máis dun cento de lucenses agardando – sen que lles caiba a alma no corpo- a ser chamados por algún dos xulgados ardentes da rúa Armando Durán, por salpicaduras de calquera dos numerosos frentes abertos a cada cal máis refulxente.

Agora xa sabemos que dúas ducias deses lucenses teñen que ser os empresarios que Liñares parece ser que confesou eran tan amigos seus que contribuían en metálico ás súas cuestacións particulares a cambio de ser mirados con bo ollo cando se tratase de facer adxudicacións de obras da súa área de competencia.

Haberia que ver se se fixese unha enquisa reservada cantos empresarios –se deso dependía a supervivencia da súa empresa- se terían negado a reforzar a documentación administrativa presentada a un concurso cun apoio táctico por moito que a moral e a Lei impidan este tipo de accións. Por sorte, non se fará esa enquisa, ou non saberemos o resultado.

Esteamos ou non preocupados de xeito persoal polo resultado das investigacións, o certo é que moi boa parte dos lucenses, poñemos cedo a radio para desaunar cos últimos acontecidos, vemos a tele por se nas informacións a pé de pantalla dan algún titular sustancioso, e acudimos aos xornais para sorprendernos polo impacto noso de cada día.

Se esto é impacto diario que necesitamos percibir pola presión da atmósfera que nos rodea, ¿qué será o que sinte un posible afectado? ¿Cómo agardará as novas nosas de cada día alguén que sabe que hai motivos para ser chamado a capítulo para responder de feitos, compañías ou conversas?.

Só se me ocorre pensar que estes días vive Lugo un tempo diferente que supoño ten que trasladarse dalgún xeito ao panorama da actualidade e vainos permitir ter a festa en paz... Sexa nos feitos para os que anden coa alma levada polos ventos, sexa para os que nos leva o vaivén informativo como se disfrutásemos dun sádico tratamento balneoterápico.

En séculos pasados, cóidase que máis escuros que este que xa é dicir, en determinados momentos do ano, especialmente polo Nadal, nas guerras, os exércitos contendentes establecían unha “Tregua de Deus” para poder mellor festexar os santos días. E sen atreverme a pedilo, que non son quen, a min gostaríame que durante o San Froilán houbese unha tregua festeira para que fosen as novas da festa as que nos dominasen e irradiasen de Lugo cara ao exterior, limpas, puras... que contrastasen coas duras, negras, emporcadas, da actualidade que cada día nos sorprende.

Pero haxa ou non tregua no panorama informativo xudicial, eu desexo a todos un feliz San Froilán. E que teñamos todos a festa en paz.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania