Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marca España

jueves, 04 de octubre de 2012
Desde o Preguntoiro

É indignante que mentres o resto do mundo está a falar de España como o país que está chegando á miseria, esnaquizando os dereitos democráticos dos cidadáns, as televisións públicas “neoliberais” están a negar a realidade, agochan a situación pola que estamos a vivir, inventan falsas novas para manipular ao cidadán en especial os actos violentos que sucederon en Madrid por represión da policía. Teño visto polas redes sociais vídeos e por outras TV. estranxeiras que dan noxo, onde existe un especial que dou a volta ao mundo cunha entrada ata agora de 2 millóns de internautas, onde vese moi claro como policías de paisano encapuchados e con bandeiras vermellas provocaban aos antidisturbios, a un deles lle dan unha malleira e o tiran ao chan, nese intre lle grita dicindo : “....soy compañero....”. Máis claro auga.

Ao Sr. Rajoy en New York nada lle inquietaba que Madrid fora unha cidade reprimida pola violencia. Estaba moi lonxe dando discursos na ONU que só escoitaban os conserxes e facéndose fotos pola Sexta Avenida fumando puros. Logo sae o Mayor Oreja dicindo que as gravacións tiña que estar prohibidas nas manifestacións, a Cospedal comentaba que eran actos ilegais e a Delegada do goberno di que eran 6000 persoas. Condecoran ao xefe da represión cunha medalla sendo cuestionado polo Sindicato da Polícia.

A Educación está sendo espoliada a favor do ensino doutrinal, ou sexa, relixiosa e setas fundamentalistas onde non educan senón que adoutrinan. Non recortan ren para a Igrexa, senón que nestes presupostos aínda recollen máis. O domingo pasado no AVE de Madrid a Málaga escoitouse nos vagóns unha misa radiada por Rouco Varela,

Todo isto lémbrame o franquismo e o seu folclore, o ditador baixo palio e inaugurando pantanos que agochaban a máis sinistra realidade da ditadura. Logo queren vender “Marca España”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES