Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día Mundial das persoas maiores

jueves, 04 de octubre de 2012
UN DE OUTUBRO, DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS MAIORES

O un de outubro é o Día Mundial das Persoas Maiores. Ademais, este ano 2012, foi declarado Ano do Envellecemento Activo. Por este motivo, desde a UNED SENIOR DE XESTOSO, queremos facer unha reflexión sobre estas celebracións e o que supoñen para mellorar a calidade de vida das persoas maiores.

Cando se leva a cabo o día mundial de algo ou de alguén, adoita ser porque existe unha realidade negativa ou algunha situación que cómpre mellorar. O mesmo pasa coas persoas maiores. Os poderes públicos acórdanse delas, sobre todo, en período electoral. Son unha grande fonte de votos. Pero, pasada esa etapa, as augas volven ao seu rego, e as persoas maiores seguen tendo que reivindicar os seus dereitos a diario.

A Xunta de Galicia publicou un Decálogo, moi acertado, dos Dereitos das Persoas Maiores. Agora, só falta que se leve a cabo e se respecte. Sobre todo, no relativo a “Dispoñer duns ingresos que lles garantan o seu benestar, e a utilizar os servizos públicos para cubrir as súas necesidades sociais, de saúde e atención xeriátrica, de ser o caso”.

Coa terrible crise económica e social que estamos vivindo, as persoas maiores son un sector da poboación que a está sufrindo dunha maneira moi importante. Con pensións, moitas veces, de subsistencia, teñen que apoiar económicamente a fillos e netos que están sen traballo. Isto é algo que clama á atención das institucións públicas e da sociedade en xeral.

Por todo o anterior, pedimos aos señores políticos que se poñan mans á obra, e poidamos, entre todos, conseguir unha sociedade máis xusta, na que se respecte a dignidade e a calidade de vida das Persoas Maiores.
Uned Senior Coruña
Uned Senior Coruña


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES