Venres de cilicio
Editorial - jueves, 04 de octubre de 2012
Chámaselles tamén venres de dolores polo presunto paralelismo entre as duras noticias dos consellos de ministros coas celebracións das outrora tétricas semanas santas, e ben lonxe do que Berlanga predicou de Los jueves, milagro. O último consello, por certo, celebrouse o xoves.
Cada venres, a reseña do Consello de Ministros proporciónanos unha sensación de incertidumbre, de provisionalidade, de poda da árbore das nosas posesións colectivas.
Levábamos desde o reinado de Carlos III, que foi o seu introductor en España, tendo á Lotería Nacional como algo propio e seguro, que se a sorte nos propiciaba un premio, este era íntegramente para nós, non tendo Hacienda máis que ver con el que a tributación polos rendementos posteriores. Pois desde agora haberá que cotizar sobre todo o que sobrepase os 2.500.
Pónselle máis difícil aos que blanqueaban diñeiro coa lotería, mercando dise- décimos a maior valor do do premio para xustificar a posesión de ingresos non declarados. Certo que esta disposición non entra en vigor ata o próximo 1 de xaneiro, co que mesmo o próximo Gordo do Nadal será máis gordo que os seguintes porque será o último en disfrutar da exención histórica.
O gran premiado pola Lotería será así o Estado, que xa viña participando dunha sustanciosa parte como entidade emisora, e que agora a vera aumentada nun vinte por cento do total nos premios importantes, co que a financiación será por partida doble.
Menos mal que despois ven a fin de semana, no que parece como se conseguisemos liberarnos de todas as ataduras. E disfrutamos de liberdade vixiada sen pensar que virá outro venres, e outro, e outro!.
Cantos venres máis poderemos soportar?. Seguro que todo está calculado e saben que a nosa paciencia é infinita, especialmente agora que
nos teñen angustiados aínda máis que cabreados.
En tempos, para a falta de choiva, facíanse rogativas. E para cando era demasiada, botábase a imaxe do santo protector a un pozo. Veremos a que santo lle toca.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora