Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pensións e pensionistas

viernes, 05 de octubre de 2012
Nestes momentos, os que poden convertirse en pensionistas non o dubidan, na crenza de que a situación vai empeorar, e que máis vale paxaro na man na actualidade que todo o que poida voar nun futuro máis ou menos mediato.

Porque nestes momentos para calcular o importe mensual dunha pensión, compútanse os ingresos – e polo tanto as cotizacións- dos quince últimos anos, pero no futuro esta cifra vaise ampliar, coidando poder chegarse á totalidade da vida laboral do traballador, que por outra parte é perfectamente lóxico mentras que na actualidade, rebasado o mínimo esixible ven ser o mesmo cotizar trinta e cinco que cincuenta anos.

Por eso que os que están en idade de pasar a esa mellor vida – suponse- da xubilación e da pensión, están facéndoo, precisamente antes de que entren en vigor as reformas que, entre outras cuestións, van elevar a idade de xubilación dos 65 aos 67 anos.

E segundo as últimas noticias, o goberno plantea uns orzamentos para o ano 2013 no que o das pensións será un dos poucos capítulos que se incrementen, mesmo para contentar aos millóns de pensionistas que votan e crean opinión, independentemente de que existen millóns de pensións misérrimas.

Prevese que aumentan un 1% as pensións para o próximo ano, menos do que subirá o nivel de vida, co que se cumpren as promesas de reaxustar pensións pero os pensionistas perderán poder adquisitivo.

Aínda así, a sensación xeral é de tranquilidade, por non dicir de aivio, diante do temor existente de que nos axustes continuos que sufrimos lle dera ao goberno por baixar as pensións ou sometelas a calquera cura de adelgazamento.

Así que, agora mesmo, os millóns de pensionistas deixaron de conter a respiración e respiran cunha certa tranquilidade. Dentro do malo, de que todo empeora e nada se anima, aínda é posible confiar en que a situación non empeore demasiado para os que disfrutan dunha situación gañada a pulso despois de toda unha vida de traballo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania