Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Forzas de seguridade coordinadas

miércoles, 03 de octubre de 2012
A un parécelle que as cousas son máis doadas do que son, e que na actividade cotiá non hai que complicalas.

A min parecíame que a escala local, en Vilalba por exemplo, Garda Civil e Policía local camiñarían da man a diario, chamándose para contarse cousas e poñerse de acordo en calquera acción. Pero polo que se ve a cousa é máis complicada aínda que si, que se poñen de acordo.

Días pasados celebrouse en Vilalba unha xuntanza da Xunta local de Seguridade para formalizar a adhesión do Concello vilalbés ao protocolo de colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os corpos da policía local para a protección das víctimas de violencia doméstica e de xénero. A min, inocente destas cuestións, parecíame que eso estaba establecido como principio, e non había nada que establecer. Pois non, e Vilalba é o segundo concello da provincia que o fai, despois do de Ribadeo. Polo que se ve, nin a capital lucense ten clarificado este tema.

De acordo con esta nova situación, tanto Garda Civil como Policía Local traballarán xuntos no tema da violencia, e a policía local terá acceso ás bases de datos nacionais sobre esta materia.

E como as cousas requiren os seus procedementos vaise constituir unha Mesa de coordinación policial formada por membros da Subdelegación do Goberno, Garda Civil e Policía Local, para reunirse de xeito periódico e concretar actuacións e resultados.

E como todo permite hoxe ser contabilizado e feita a correspondente estadística, soubemos a resultas desta reunión que no concello nos oito primeiros meses deste ano se rexistraron 166 denuncias por infraccións da lei, das que 67 son delitos e 99 son faltas. E por se nos parece, que me parecen, moi altas as cifras para un concello considerado tranquilo, rexístrase un descenso do 6,7% en relación co ano anterior.

Diante desto, e tendo en cuenta o necesario que é que as forzas da orde manteñan este e controlen todo o que interfira na convivencia cidadán, gustariame suxerir outro aspecto de actividade, que poderiamos considerar de prevención ou efectos positivos en relación coa xente maior que vive sóa e que pode precisar de atención en calquera momento. E refírome á ancíá de Goiriz que permaneceu varios días caída no seu domicilio, sen que ninguén soubese dela, e que foi rescatada – desafortunadamente producíuse logo un desenlace non previsto- pola preocupación dos seus veciños.

Nun concello que, aínda de grandes dimensións e numerosa poboación, as forzas de seguridade – garda civil e policía local- teñen un fondo coñecemento da realidade e das xentes, debe darse un maior seguimento de casos coma este, en relación cos servizos sociais, e demais mecanismos que a administración posúe. Polo demais, parabéns porque Vilalba sexa un dos concellos punteiros da provincia en coordinar as súas forzas da orde, polo ben de todos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES