Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No reino das mentiras

miércoles, 03 de octubre de 2012
Nun artigo pasado alegaba que eran malos tempos para a cultura. E, despois de coñecer o recorte descomunal que se aplica nese eido nos orzamentos xerais do Estado para o 2013, ratifícome nas miñas alegacións.

Cando os gobernantes dun país non cultivan a súa cultura (a do país, a deles sería tarefa case imposible), ou a somerxen ata unha fase de afogamento estarán condenado o futuro dese país. A un pobo non se lle pode usurpar a opción de manifestar as súas inquedanzas, as súas emocións, froito elas da súa imaxinación, do seu xeito de ver e interpretar a vida, de enfrontarse aos retos que esta lle amosa. A cultura (nas súas distintas manifestacións) forma parte da idiosincrasia de cada pobo.

Daquela, se ousamos infrinxirlle un mal, mediante os recortes orzamentarios, opóndolle valados ideolóxicos, estaremos atacando (directamente) a nosa propia esencia. Mais, claro, esta clase de recorte (orzamentaria e conceptual) ten unha dobre lectura. Un observa, con perplexidade e noxo, como os campos da cultura que se ven afectados son os que, dalgunha maneira, queren ir por libre (explícome) e non permanecer atados ás directrices marcadas polo poder establecido. É vergoñento e aldraxante comprobar como espectáculos (por chamarlles algo), fútbol e touros, por exemplo, non son vilipendiados polas hostes institucionais. Ao contrario, faise deles unha estoica defensa. Coma se espectáculos deste estilo nos fosen sacar deste período de crise que padecemos. Abonda con observar as cifras millonarias que cobran as súas estrelas (as futbolísticas e as taurinas) e observar o seu ritmo de vida e decatármonos do preocupados que andan por solventar o estado de penuria dos seus seguidores. Pero, para que facelo, se sempre vai sobrar quen estea disposto a dilapidar a metade do seu soldo por presenciar a estas megafiguras (facendo cabriolas co balón ou ensanguentando a pel dun touro), antes que gastar dez euros para asistir a unha representación teatral ou para visitar un museo.

Esta desfeita cultural non sei cando nin se vai ter remate. Mais, algo hai que facer antes de que dean o seguinte paso que sería quitarnos a nosa capacidade de pensar. E iso non pode acontecer, penso eu.
Maseda Lozano, Martiño
Maseda Lozano, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES