Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aprendendo a non ser idiota

miércoles, 03 de octubre de 2012
Ultimamente o mundo do pensamento ten a ben agasallarme con amigos que se converten en grandes persoas imprescindibles para a vida. Xente loitadora, que persegue e atopa o éxito simplemente porque o ten merecido, e porque día a día o constrúe xunto con todo o que lle rodea. Un destes amigos é Javier Cebreiros, co que compartín fermosas experiencias de aprendizaxe en distintas actividades.

Agora Javier dálle ao mundo un libro titulado Ser feliz no implica ser idiota, con cinco consellos que un avó lle dá a un neto. O venres día 5 de outubro presentarao en Compostela dentro da inauguración de IDENTIA COACHING . É un libro metafórico e visual adaptado a todo tipo de lectores, xa que a persoa só necesita unha mínima apertura de mente e ser permeable á chuvia de coñecemento que atesoura esta pequena caixa de futuro.

Empeza o autor falando de facer o que se ama para traballar motivado e non desmotivado, acadando así “ convertir la vocación en vacación “. Neste sentido o autor cita a Shakespeare para reafirmar a forza do potencial humano “ nosotros sabemos lo que somos, pero no lo que podemos ser ”. E é curioso como ao final a ferramenta máis importante para o éxito resulta ser algo tan simple e tan complexo como a flexibilidade. Javier sábeo moi ben porque atesoura ese coñecemento na súa experiencia e para verbalizalo axúdase dunhas verbas moi poderosas de Vivien Greene que din: “ La vida no es esperar a que pase la tormenta , sino aprender a bailar bajo la lluvia .“. A partir desta cita tan evocadora o noso autor dá unha auténtica lección sobre actitudes e aptitudes, defendendo a vontade por riba da preparación, claro está, sen renegar desta.

Por outra parte fálase do poder da visualización, de que a única forma de avanzar é ter un ollo no camiño e outro no horizonte, imaxinando grandes metas para responder a grandes retos que nos permitan un día vivir o que soñamos. Todo isto implica unha boa organización do tempo e a adquisición de hábitos de constancia que nos leven a perseverar no noso obxectivo.

Sen dúbida o eixo principal do libro son os valores, e hai dous que Cebreiros colle como alicerces do cambio: a simplicidade e a humildade. E advírtenos de que “ ser simple es muy complejo”. Mais todo é posible para quen cre no cambio como un arma cargada de futuro. E aquí chega Javier ao que quizais sexa o seu obxectivo principal: traballar por unha “ sociedad sinfónica “ capaz e competente para interpretar, xeración tras xeración, a melodía da interdependencia, sabendo como dicía John Fitzgerald Kennedy que “ la lección más importante la da la persona más insospechada ”.

Un libro para ver, palpar, escoitar, saborear, ulir e , sobre todo, interiorizar no noso sentido común.

Un libro inspirado nas palabras propias que deixa ver a formación interior dunha persoa absolutamente singular que teño a satisfacción de coñecer e contar entre os meus amigos: Javier Cebreiros. A única dúbida que me queda é se despois desta publicación, haberá alguén no seu san xuízo que queira ser idiota...

CEBREIROS, J.: Ser feliz no implica ser idiota. www.cebreiros.com. 2012
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES