Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un coach no Seminario Maior de Santiago

martes, 02 de octubre de 2012
Os días 11 e 12 de setembro, tiven a fortuna de traballar como coach, cos seminaristas maiores das dioceses de Astorga e de Santiago no Seminario Maior “San Martin Pinario”.

É marabilloso descubrir un seminario por dentro, cos seus rituais de desempeño, cos seus tempos e cos seus modos. A calidade humana e intelectual dos seus membros, a harmonía, a alegría, a capacidade de traballo, de entrega e de servizo, están sempre presentes. Os feitos superponse as palabras, os discursos as boas intencións, o bo facer, predicase co exemplo.

Sorprendeume gratamente, os momentos de oración, de reflexión e de silencio. O escenario era cálido e a atmosfera de paz, sosego e de tranquilidade que alí se respira, invitaban a formar parte dese cosmos máxico e sorprendente. Os valores humanos están sempre presentes, notase que están profundamente enraizados, sen necesidade de esforzo, afloran como por arte de maxia.

A medida que ia avanzando o taller, dábame conta, que as ensinanzas que se imparten no seminario, son de gran utilidade para o mundo do coaching. Trabállanse valores en profundidade, comportamentos ecolóxicos, potenciase o talento e buscase a mellor versión de cada un dos seus membros. Momento a momento, reflexionas sobre o por qué, do proceso opoñente entre razón e fe, que tantos queren establecer, dáste conta que non ten porque estar rifados, necesítanse e compleméntanse, de forma similar o que lles pasa a razón e a intelixencia.

Neste primeiro taller centrámonos nas crenzas limitantes, o traballo en equipo, a creatividade, a innovación e o deseño de metas retadoras.
O primeiro gran reto consistía en poder lanzar un ovo fresco, desde a segunda planta do seminario ó solo duro, cuberto de grava, sen que este se rompera. Unha das condiciones era que o ovo tiña que viaxar solto polo espazo e descuberto nas súas ¾ partes. Para tal evento, contaban cunha serie de recursos, que a ben dicir eran escasos.

Divididos en cinco grupos de cinco persoas, puxéronse maos a obra e, o que, en principio resultaba imposible, a medida que ían traballando, a intelixencia colectiva, ia dando pistas e facía crible ese gran reto. Os obstáculos ían converténdose en recursos, aparecían novas perspectivas e por momentos desafiaban a lei da lóxica. De forma sutil, os grupos de traballo pasaron a ser equipos de alto rendemento, nun espazo moi breve de tempo.

Ao cabo de hora media, nace o primeiro milagre, un dos grupos, tomou a decisión e lanzou o ovo, para sorpresa de todos, o ovo viaxou polo espazo, cumprindo as estritas normas, e aterrou na diana marcada sen romperse. Inda estou a revivir os momentos de alegría, de euforia, de camaradería e de logro daquel equipo de mozos, tan intelixentes, tan nobres e tan espertos que no saían do seu asombro: ¡era posible! o que hasta algo mais de unha hora era imposible.

A continuación os demais grupos, un a un, tamén conseguiron a súa meta, todos lanzaron o ovo, con diferentes estratexias e, para a súa sorpresa ningún ovo se quebrou.

A primeira gran lección que sacamos desta proba, é que, a maioría dos imposibles, primeiro creámolos nós e a continuación creémolos, para xustificar a falta de acción. Unha boa terapia é a de atreverse a romper crenzas limitantes. Esta iniciativa axúdanos a ser o que estamos chamados a ser, e ese é, o gran reto que ten que afrontar a persoa, ben de forma individual ou colectiva ou as dúas a vez, o longo da súa traxectoria vital.

O amigo Rafa, escolleu a lectura dos talentos na misa de última hora da tarde, que a ben dicir, esa é a gran lección que nos da Evanxeo: “os talentos están aí para ser potenciados e postos a disposición dos demais, e non, para ser gardados ou escondidos”.

Espéranos unha segunda experiencia, que seguro, será igual de gratificante e de sorprendente, no próximo mes, esta vez ímonos atrever co mundo dinámico da comunicación e o papel do líder na sociedade actual.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES