Paxaro carpinteiro
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 01 de octubre de 2012
Quero ser paxaro carpinteiro, pero non é doado. En principio, non teño ás. Nin peteiro co que peteirar. O carballo ten a madeira dura. A do piñeiro é máis branda, pero non me gusta o piñeiro. Nunca me gustou. Demasiado seco.
Demasiada calor por entre os piñeirais. E os tabáns adoitan atacar sen misericordia. Prefiro as carballeiras. Ou os bidueirais. Tampouco se está mal sentado á beira dos amieiros da Pitediña. Nada mal.
Non podo ser paxaro carpinteiro. Salvación para as árbores ás que quixese peteirar. Non teño peteiro. Non teño ás. Non teño nada. Son un fraude que se escuda nunha imposibilidade para falar do meu río Arnoia e da miña Pitediña. En definitiva, do meu Baños de Molgas. Son un ruxerruxe na burga da vila.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora