Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Epicentro compartido

viernes, 28 de septiembre de 2012
Do mesmo xeito que nos terremotos existe un epicentro e unha gran área de repercusión dos seus efectos, aquí en Galicia, a día de hoxe, temos a comunidade barrida por un vento xeral que procede de Lugo e leva refoladas de temporal por toda a xeografía galega e española.

Se o vento procede de Lugo, poderiamos dicir que o epicentro do movemento se encontra na capital lucense, porque aquí se desataron operacións concatenadas, das que a última é a denominada Pokemon que veu trasladar a enerxía e dinamismo dos comics xaponeses a un terreo tan inhóspito e lonxano daquel como é o da política municipal.

En Lugo, o epicentro sería a xuiza Lara ou o político Liñares – epicentro compartido- que do mesmo xeito que non se sabe como se xeneran os movementos telúricos, nesa inexplicable para nós dinámica de placas, o protagonismo compartido en tan diferentes papeis actúa de desencadenante deste magno terremoto.

Desde o epicentro lucense, séntense os efectos do cataclismo en Boqueixón, onde o alcalde do PP cesa pero segue de concelleiro; en Ourense, donde o alcalde do PSOE prolongou agónicamente o seu mandato, e onde se producen réplicas tan ostensibles como as imputacións dun concelleiro do Bng e o xefe da policía local. E os seus efectos rebotan en Cospeito e en Lugo, Asturias ou Vigo. E Liñares largando que vinte empresarios lucenses lle encheron o cazo municipal ou confederado.

E mentras tanto os políticos que participan nas próximas eleccións autonómicas, dando mítines en Baamonde ou probando as uvas da colleita da Ribeira Sacra, pero todos descolocados por este fenómeno social que parece máis propio das Postrimerías bíblicas que do comezo dun outono que imaxinabamos ía ser quente, pero non con tan especial temperatura.

Pódesenos ocorrer pensar que esto pasa porque largamos demasiado a través dos teléfonos en conversacións impensadas, ou por deixar anotacións inconcebibles dos agasallos recibidos. Pero non, esto ocorre con arreglo a aquel principio que aprendemos de nenos de que “Quen mal anda mal acaba”, aínda que non a todos chega a afectarlles.

Pois aínda falta, neste desfile de pokemons con poderes extraordinarios, que a xuiza chame a declarar aos vinte empresarios que pagaron “baixo corda” diñeiro negro a cambio de favores oficiais. Empresarios que seguro consideran que o único xeito de conseguir contratos oficiais é pagando sobornos, que sacaron adiante as súas empresas a costa de mancharse as mans pagando o imposto revolucionario.

O peor de todo esto é que haberá moitas víctimas inocentes: cando algunhas desas empresas caian, polo descrédito ou pola falta de contratos, serán os seus traballadore os que paguen as consecuencias. E non é xusto.
Os terremotos teñen esto: causan estragos indiscriminadamente. E normalmente os que máis perden son os que menos teñen.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES