Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O crego XESÚS MATO, Fillo Predilecto do Concello de Paradela

X.X. - miércoles, 30 de marzo de 2005
En sesión plenaria celebrada hoxe (mércores) polo Concello de Paradela, por unanimidade acordouse nomear Fillo predilecto ó crego Xesús Mato Mato, nado en Cabodevila-San Martiño (Paradela) en 1932.

Fillo de labregos con familia numerosa (ten outros cinco irmáns), estudiou a carreira sacerdotal no Seminario de Lugo de 1946 a 1958.

De 1958 a 1967 foi coadxutor en Lalín, onde desenvolveu un importante labor social, promovendo vivendas para os máis desfavorecidos. De 1967 a 1983, foi redactor e asesor relixioso de Radio Popular de Lugo, así como Director espirial do Colexio Menor Feminino Santísimo sacramento de Lugo e Delegado de Medios de Comunicación Social.

Desde 1983 exerce como crego en seis parroquias da montaña do Cebreiro.

En Lalín foi fundador e primeiro director de Radio Popular (1959-1964), e fundador e primeiro director da Polifónica de Lalín(1958-1967)

En Lugo fundou Auxilia, da que foi coordinador de 1970 a 1977. Fundou e dirixiu os coros dos colexios menores Santísimo Sacramento e Eijo Garay, de Lugo e creou “Galicia canta ó neno”, recopilación e divulgación dos cantos de Nadal en Galicia.

Polo seu labor persoal e profesional ten obtido o Premio de Cultura Tradicional “María castaña”, o Premio Moncho Valcarce pola “Defensa da Terra”, e foi declarado “Lucense do ano”.

Xesús Mato é destacado representante dos paradelenses por Galicia adiante, colaborando asiduamente en tódolos feitos culturais e sociais que en Paradela se celebran, tendo especial relieve o traballo a prol da potenciación da figura do escritor Manuel Rodríguez López, tamén fillo predilecto do concello, do que foi amigo e compañeiro.

Xesús Mato Mato é unha das figuras máis sobranceiras que naceron na terra de Paradela, e con esta distinción o concello honra a quen ten adicado a súa vida á cultura e á adicación a tódolos demáis.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES