Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Millonarios

viernes, 28 de septiembre de 2012
A publicación dos bens que posúen os nosos políticos pon de manifesto que a priori non son os mellor dotados pola deusa fortuna, aínda que esa crenza pode e debe matizarse coa seguridade de que os valores atribuídos corresponden a tasacións efectuadas por Hacienda e estas son ou eran moito máis baixas que os valores reais.

En canto ao Goberno central se refire, que só o presidente e cinco dos seus ministros superen o millón de euros nos seus bens, parece colocalos en desvantaxe cando se trate de manexar datos macroeconómicos ou debatir cos grandes bancos ou as grandes fortunas o camiño a seguir para a gobernación económica do país.

Que esta medida de divulgar so datos económicos é un acto de cara á galería para presumir de transparentes, está fóra de toda dúbida. E sen embargo tamén é un síntoma de que os tempos evolucionan, que se poden controlar os signos externos de riqueza dos políticos, e que a claridade en todo tipo de situacións é boa para o sistema.

Non faltará quen coide que era mellor sistema cando os terratenientes e os potentados eran quen de poder presentarse ás eleccións e ser elixidos para os máis altos cargos, pola súa responsabilidade económica diante da sociedade. Velaquí unha gran ocasión para que moitos españois, e bastantes galegos, poidan mirar por riba do hombreiro aos Ministros do Goberno, que seguro ata teñen dificultades por chegar a fin de mes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania