Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quo Vadis Democratia

jueves, 27 de septiembre de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

Desde a Delegación do Goberno en Madrid ao mando da Sra. Cifuentes do PP, preténdese criminalizar un acto de protesta legal como é a o 25 S, ao mesmo tempo xerar medo a cidadanía, tratando de limitar dereitos fundamentais. Identificacións por parte da policía de promotores da protesta por un delito contra as institucións do estado. Identificacións que se producían ao haber na Audiencia Nacional un “proceso aberto” contra os da convocatoria, palabras ditas polos policías aos que lles tomaban a identificación.

¿Quen na Audiencia Nacional “motivou” dita pescuda e en base a que?. Coido que toda actuación da xustiza ou administrativa debe estar “motivada”, a policía na súa actuación debe seguir a legalidade e non poden vulnerar os principios fundamantais da Constitución. Nin sequera a obediencia debida xustifica ditas actuacións, dito doutra maneira, imputaron a estas persoas por feitos que aínda no se produciron, isto debe só acontecer neste país dos despropósitos, débeselle partir os beizos de gargalladas aos países de Europa ante a “democracia” deste goberno.

Afondando máis na ferida, sae a Sra. Cospedal cun exabrupto comparando a protesta de 25 S co golpe de estado do 23 F. ¡Quen foi falar!: manda carallo na Habana, secuestran a democracia cun programa electoral que o pasaron polo forro e agora como sempre dicindo que o cidadán ten toda a culpa. Que teña esta señora a glándula que produce o 23 F algo excitada, non obriga a ninguén a compartir fluxos. Que compare a parados, mileuristas,
funcionarios, sanitarios, profesores etc. con un grupo de militares fascistas, é para sentir vergoña allea. Aqueles tomaron o Congreso polas armas e esta é unha protesta legal e pacífica da cidadanía que soamente usa a arma da palabra. Esta señora representa a caricatura traxicómica dun reino terceiromundista.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES