Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Libre comercio

miércoles, 30 de marzo de 2005
Non debemos enganarnos: Nas viaxes exteriores do Presidente do Goberno, e aínda do mesmo Rei e de toda a familia real, o papel dos ilustres viaxeiros é o duns calificados vendedores que fan relacións públicas no nome de España e, se se tercia, perfilan e rematan operacións comerciais de interese xeral.

Eso é o que ven de facer o Presidente Zapatero cando logra un acordo comercial con Venezuela por un importe de mil trescentos millóns de euros, e que supón a construcción por parte de industrias españolas de 12 avións e 10 buques, que darán traballo -entre outros- ós galegos da empresa Izar.

España vende e Venezuela compra. España fabrica avións ou navíos de guerra, e Venezuela -que é un país da mesma fala e cunha democracia alomenos formal- adquire avións e navíos de guerra. E ninguén pode rasgarse as vestiduras porque se lle vendan as produccións propias a un comprador que reúne os requisitos axeitados de solvencia económica e comportamento social.

O libre comercio é a norma que rexe neste sector, e se Venezuela merca a España estes "productos", é sinal de que España ofrece calidade e precio dentro dos parámetros normais, e as dúas partes satisfeitas por facer unha interesante operación comercial.

O de vender ou non vender armas según a quen, estaría moi ben se tódolos paises tivesen os mesmos escrúpulos. Pero nin Venezuela ten unha situación coma a de algún país centroafricano proclive ás matanzas tribais -e tamén alguén lles vendeu armas- nin as fábricas españolas van ser desmanteladas por un repentino arrebato pacifista.

En fin, que diante dunha operación comercial magnífica, só cabe congratularse polo éxito logrado, e lembrar que hai xa dous mil anos a teoría socio-militar tiña unha máxima que parece seguir plenamente vixente: "Si vis pacem, para bellum".
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES