Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nos concellos

miércoles, 26 de septiembre de 2012
Están os concellos axitados, cambiantes, neste tempo preelectoral. E hai casos extremos e outros nos que os cambios veñen dados pola evolución normal dos acontecementos.

Caso extremo, o de Boqueixón, que se quedou sen alcalde do PP por unha imputación no caso chamado Pokemon, que ven de alterar a canpaña electoral que está a punto de comezar oficialmente, e a tranquilidade de toda a claser política.

Máis grave, dentro do “extremo”, é o caso de Ourense, polas dimensións da cidade, a retirada do Bng do grupo de goberno, e as xogadas do alcalde para permanecer no cargo, mesmo fronte ao seu partido, por similar imputación ca o de Boqueixón, feito que ven afondar nos problemas de protagonismo no Partido na cidade, e se agrava pola cercanía xeográfica con Liñares do mesmo partido, que foi en Ourense Presidente da Confederación hidrográfica Miño-Sil.

Un escalón máis abaixo en cando a inquedanza, Viveiro, onde gobernaban conxuntamente o PSOE e o Bng, pero a relación non durou e o Alcalde do Partido Socialista, Melchor Roel, ven de cesar a todos os concelleiros do Bng das súas funcións, propoñéndose gobernar en minoría sempre que o Partido Popular –co mesmo número de concelleiros- o permita, que parece ser ten moitas ganas de volver a gobernar o concello de Viveiro.

E quédanos Vilalba, onde vimos de estrear dous concelleiros do Bloque Nacionalista Galego, despois de que dimitisen os elixidos no seu momento.

Felix Jorquera e Inés Novo veñen de tomar posesión como concelleiros, tendo sobre eles o lastre de non ter sido elixidos por membros dunha lista electoral, senón designados polo seu Partido.

Se por cambios é, estamos en época dinámica nos concellos, a Administración máis popular, a que nos queda máis preto, a máis sensible á hora de gobernar por tratarse dos temas que nos quedan máis primarios e primordiais. Os concellos que poidan – Vilalba entre eles- manteñan a tranquilidade, que agora toca movemento de cara ao Parlamento Galego, e polas praza de deputados compiten –a vida ou morte política- todas as forzas. Que cheguemos aló con ben. E despois, co resultado que se consiga, todos contentos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES