Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Extra, extra

miércoles, 26 de septiembre de 2012
Segue habendo alcaldes que coidan o seu deber político burlar a decisión do Goberno central de suprimir a extraordinaria de Nadal do presente ano a todos os funcionarios para combatir o déficit público, e como medida de solidariedade do sector público co privado e coas contas do Estado.

Pode ser discutible a medida, como todas as que incidan de xeito directo sobre un sector dos traballadores ou a totalidade, pero o que si está claro é que unha decisión deste tipo ou se aplica a todos ou a ninguén, xa que calquera diferencia sería desigualdade de trato, e o alcalde que o aplicase favorecería aos traballadores do seu concello, diferenciándoos do resto.

Mesmo para os beneficiados a medida, vistase como se vista, podería disfrazarse de legalidade pero moralmente sempre sería discutible.

É difícil para un representante público, e un alcalde é no seu territorio a primeira autoridade, representación do poder estatal, proclamar que vai desobedecer unha norma legal para tentar quedar ben políticamente coa súa xente. E calquera alcalde, ou calquer outro alto cargo, que eso declare, incumple o deber fundamental de cumprir e facer cumprir a Lei dentro das súas competencias.

A extra, aínda dará moito que falar. Agardemos que sexa a última que se suprima.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania