Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Flores Negras

martes, 29 de marzo de 2005
Flores negras arrincadas do chan onde un día naceron
levadas polo penoso furacán da triste e vergonzosa miseria.

O mar, camiño de auga e sal, e saída
por onde marchan pescudando un esperanzador xardín,
pero, a maioría das veces, o camiño non ten saída
e quedan afogadas para sempre todas esas esperanzas e ilusións
xunto ás gañas de pisar unha terra mellor
que para elas fora seguridade e salvación.

Os beizos dos dous mares tínguense co sangue desas negras flores
que quedan rotas, murchas e secas por buscar ese color
que todas elas necesitan.

Candomiro ese Estreito paréceme velo cuberto de mortuorias coroas
conformadas polos pétalos de todas esas que nas súas augas
buscaban unha terra e atoparon un posible ceo.

Eses mares son cemiterio dos que querían escapar da gaiola da pobreza
esas florecillas que emigran buscando outro parterre
ou unha protectora maceta.

Os sedentarios, eses que teñen seguridade porque as súas duras raíces
están incrustadas no tesouro material,
eses, permanecen indiferentes porque si algún día deciden viaxar
o farán por placer e irán nos máis luxosos iates
fendendo e abrindo, coa súa decisión, máis afondura nesa sima enorme
as avisais zonas da deplorable pobreza,
profanando esa tumba onde descansan, para sempre, moitas flores negras
que eles forzaron a tomar esa altemativa:
morrer afogadas ou secas pola fame,
fame da liberdade, da necesidade de non ser unha flor natural

Volvo a ese Estreito que vexo tan ancho para todas esas;
paréceme ve-las súas mans pedindo axuda e salvación,
creo escoitar, apagado polo lamento deses dous mares
e o berro de tódolos que claman solicitando o que ninqún mortal
ten o dereito de a outros denegar;
pero a enfurecida cresta dunha onda, encrespada polo tiránico Levante,
enmudece todas esas desconsoladas voces aínda co seu eco
resoa dende Ávila ata Calpe, dende Tarifa a Tánxer.

O mar que tiña que ser ponte de prata para o misericordioso
convírtese no sepultureiro que soterra, en vida
a quen buscaba máis luz na salvadora estrela que cren ver no norte
e pensan que é o seu Sol,
xuntas nun mesmo ramo, postas na man do destino,
vai a barca cargada de vidas e peregrinas almas
pero, soamente pesan as penas, lastre excesivo
O prepotente non mira ese espello que empaña co seus desprecio
e nesa néboa provocada pola desconsideración
non ve afogarse as flores negras nas ondas da morte
e, si algunha supera a barreira é perseguida e feita cautiva
coma se fora maldita e criminal especie.

Pero esas flores naceron do mal reparto do que é de todos
dos abusos dos prepotentes, morren coma si o ceo
necesitase de eses ánxos negros porque na Terra
ninguén aprecia as que teñen esta diamantina cor
Estreito do insalvable piélago, xa as túas augas son extremaunción
para inocentes que buscan salvación.

Néboa, orballo, sutil mortaxa de bágoas, bágoas e bágoas
que coma escuma da salgada onda van a morrer a unha area
que é dourada e vermella por estar bañada co sangue
de víctimas totalmente inocentes.
Pétalos dispersos, o mar non quere esconde-la verdade
ser cómplice dos malvados e entrega a terra esas flores murchas
pero elas, sempre sen terra son para o ceo
porque son flores, flores de esperanza de vida aínda que mortas.
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES