Día das persoas de idade
Fernández, Suso - miércoles, 26 de septiembre de 2012
A Asamblea Xeral das NN.UU. sinala o 1º de outubro como o Día Mundial das Persoas de Idade. Tal enunciado descolocounos coidando que se trataba de algo dirixido á poboación universal, sen excepción, porque, ¿qué persoa non ten idade?. O Plan Fiduciario das NN.UU. estabreceuse como Acción Internacional sobre o Envellecemento, en Asamblea Mundial celebrada en Viena en 1982.
Fálase, polo tanto, das persoas que chegaron á vellez . É decir, que son vellos/as; e iste alto organismo define como tales ás de mais de 65 anos; a idade de xubilación xeralmente aceptada.
Ata o S. XIX, acadar isa idade era un privilexio, xa que a esperanza de vida, incluso en Europa, non superaba os 40 ou 50 anos. Non hai dúbida de que esta ampliación do ciclo vital e, polo tanto, o incremento da poboación a partir desta etapa, débese, sobre todo, á mellora da calidade de vida e aos avances da medicina. É certo que esta situación demográfica (na que se deixa de producir e sen dúbida empeora a saúde), a sociedade debe emplear mais recursos humanos i económicos para a súa atención; é éste un principio, por evidente, aceptado universalmente. Pero, aínda tratándose dun proceso normal, en canto que obedece a razóns biolóxicas, a vellez é algo que a sociedade non acepta coa debida naturalidade e, por conseguinte, coa consideración que sería desexable; e decimos isto porque mesmo dende as institucións recúrrese a expresións artificiosas para referirse a un colectivo ben definido: a vellez ou os vellos, que neste caso pretendense enmascarar baixo o absurdo eufemismo de persoas de idade.
No noso contorno está moi consolidada outra forma que consideramos aldraxante: é iso da Terceira Idade. Nunca entendimos tal expresión: ao longo do noso periplo vital fumos neno, adolescente, xove, adulto
agora, vello. Endexamais alguen nos dixo que estabamos na primeira ou na segunda idade; non comprendemos cómo de súpeto aparecemos na terceira, termo que ten unhas connotacións pexorativas: se mentamos ao terceiro mundo estamos a falar de pobreza e analfabetismo; se sacamos un billete de terceira para o tren viaxaremos no vagón menos confortable do convoi e se na carnicería nos dan "terceira" levaremos osos, graxa e pelexos....
Somos conscentes das limitacións, moitas veces dramáticas, que se viven na vellez; pero nunca pola idade ou a situación física ou mental, a persoa é de terceira aínda que algúns, carentes da elemental sensibilidade, así o proclamen; os valores humanos transcenden ás eventualidades.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora