Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rei, rei... cantos anos durarei

martes, 25 de septiembre de 2012
O xogo infantil ten moitos anos, décadas. Era mediado o século pasado cando os nenos especulaban “Cantos anos durarei... sete, oito...trinta, corenta... eu non o sei!. E cantábaselle aos “Rei Rei”, agardando que non lles dera por extender as alas e emprender o voo.

Agora ese mesmo xogo poderíamos facelo coa crise. Ainda que normalmente se aborda en plan moi serio, cavilando cando pode durar esta na que estamos inmersos, tomando como base a gran catástrofe económica de 1929 nos Estados Unidos, e mesmo as diversas crises – máis ou menos importantes- que en España sufrimos desde as postrimerías do franquismo.

Levamos catro amplos anos de crise, aínda que nos demos conta un pouco máis tarde, e o goberno tamén o recoñeceu bastante máis acó. Pero van catro anos, e tal como están as cousas seguro que moitos asinarían a súa conformidade para que rematara noutros catro. Os máis optimistas pensaban que no 2013 levantaríamos os corazóns e a economía, outros cavilan que polo 2015, e os que presumen de entendidos no 2020. Ninguén sabe nada, que tampouco o saben os especialistas e os que nos gobernan.
Ou sexa, que moi posiblemente os que se lanzan a vaticinar finais de crise apuntando datas, o máis probable é que as obteñan xogando ao vello xogo do “Rei, Rei”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES