Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hai que peneirar

miércoles, 26 de septiembre de 2012
Nestes tempos semella que os medios de comunicación non teñen medida, e certas persoas sen escrúpulos comezan a empregar o dereito á liberdade de expresión para vulnerar o dereito á intimidade e á propia imaxe. Neste sentido os medios de comunicación parecen ser os donos e xestores da dignidade, que poden construír ou destruír a reputación dunha persoa, ao tempo que provocan fumeiras para agochar determinadas realidades que non convén que se visibilicen.

O certo é que vivimos un momento grave dabondo ( temos en torno a 6.000.000 de desempregados, unha economía en situación ruinosa e millóns de persoas en situación de risco ou exclusión social ) como para non andar con fumeiras que denigran ao cidadán e vulneran o seu dereito á intimidade. Se alguén decide ter unha vida pública, tamén ten dereito a decidir os límites da mesma, sen que ninguén cuestione ditos límites de xeito gratuíto.

Por outra banda, cando alguén decide ter vida pública, debe ser xulgado de xeito público exclusivamente polos feitos que competen á súa actividade; ninguén debería cruzar a liña da ética; xa que neste tema xogámonos a escala de valores sobre a que queremos construír a nosa sociedade.

Semella que o periodismo, se quere exercer un servizo digno a unha sociedade democrática e de dereito, vai ter que pasar moi ben pola peneira certas informacións irrelevantes que atentan contra a intimidade e a imaxe das persoas. Facelo ou non é unha elección, pero quen elixa non facelo terá que explicar con que obxectivos produce lixo social e asumir as propias responsabilidades.

Definitivamente, hai que peneirar, porque a palla nunca fixo pan...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania