Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Afogado ou morto

lunes, 24 de septiembre de 2012
Cansado de correr por enriba das augas do río Arnoia, déixome fundir onde son máis profundas, alá polo pozo que hai á altura do Río de Vide. Como non sei nadar, afogo. Pobre de min! Que axiña afoguei! Nin tiven tempo de pensar que afogaba. Ao mellor foi o propio medo a afogarme o que me matou.

Non recordo patexar. Nin bracear. Simplemente afoguei. Nun suspiro. Nin notei que me levaban as augas ata a presa da Porfía. Alí encorei. Penso eu. De morto non me vin. Nin me sentín. Pero as augas corren para abaixo e din que para abaixo todos os Santos axudan.

Ata aos corpos mortos, inertes. Alguén me atoparía afogado. Iso imaxino; pois como afogado ou morto nin penso, nin imaxino, nin sinto. Tan só é un dicir.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania