Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Suiza galega

viernes, 21 de septiembre de 2012
Aínda hai quen considera que Galicia reúne as condicións físicas para ser denominada “a Suiza galega”, aínda que o resto das condicións sociais ou laborais non teñan nada que ver.

Se esto fose coma Suiza, as comunidades do resto de España loitarían por investir no noso territorio, virían depositar aquí os seus aforros nunhas entidades tan fortes como o país, e participarían de xeito decidido na constitución de empresas destinadas a crear explotacións de leite e de carne, as dúas produccións para as que Galicia está especialmente dotada.

E sen embargo, algo falla. Os grandes matadeiros industriais foron morrendo pouco a pouco, por consunción, faltándonos empresas de recría e de transformación que dean valor ao producto e prestixien a carne do noso
vacuno. E polo que ao leite se refire, lonxe daquela euforia de transformación das pequenas explotacións familiares de subsistencia en explotacións competitivas, estamos tamén neste sector en franca recesión, desaparecendo as empresas a milleiros por imposibilidade de resistir uns precios do leite que se manteñen ou baixan fronte a uns custos que non deixan de medrar.

A Suiza galega pode ter mesmo as dimensións físicas ou a semellante poboación á Suiza de Centroeuropa, pero fáltanlle séculos para chegar a unha conciencia empresarial e cidadá coma a daquel país. E se seguimos coa marcha que o noso rural leva nestes últimos tempos, seguiremos tendo os mesmos parámetros físicos que nos asemellan, pero moi posiblemente para que os nosos labregos e gandeiros poidan ver unha realidade así terán que voltar á vella emigración que xa noutros tempos e noutras condicións que coidabamos superadas solucionaron tantos problemas vitais doutrora.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES