Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deterioro democrático

jueves, 20 de septiembre de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

Ante os acontecementos políticos extremadamente graves para este país, teño que dicir que, non soamente temos unha estafa económica, senón que, a “democracia” vaise polos sumidoiros, ou sexa, unha crises de valores democráticos de consecuencias imprevisibles.

Non podo crer a onde pode chegar a mentira e o cinismo da Delegada do Goberno en Madrid Cristina Cifuentes, dicindo que na manifestación do sábado 15-S só había 65.000 persoas. Estiven alí e foi impresionante, falase de preto dun millón de persoas. O que tiña que facer a Delegada era mobilizar a súa policía para atopar ao seu marido Javier Aguilar que supostamente está en busca e captura e deixando de perseguir policialmente a cidadáns pola súa ideoloxía.

Unha das reivindicacións da manifestación foi contra os recortes impulsados polo goberno e participación nas decisións políticas se queremos salvar a democracia, xa que neste intre o modelo de estado é inviable, estamos arrodeados de nepotismo e corrupción imposto por unha oligarquía de partidos, en especial ese bipartidismo que vimos padecendo desde hai anos que sempre estiveron ao carón das oligarquías financeiras e poder xudicial.

Toda esa estafa financeira nada ten que ver cos soldos nin pensións abondo altas, pois o 60 por cento dos traballadores en activo gaña menos que 1000 euros e a pensión media é de 785 euros, o 63 por cento da media de Europa. Non se pode permitir por máis tempo esta desfeita da corrupción que minimiza a democracia. ¿Por qué usouse o diñeiro dos españois (FROB) para salvar a banca en vez de agardar os fondos de Europa?. A única razón posible sexa que os bancos non queren que EU pescude as súas contas. Bancos que case están na bancarrota e seguen ríndose de nós como se fóramos marionetas.

A onde chega o déficit democrático que teño que saber das novas de España polo estranxeiro, pois a TVE aseméllase ao NODO.

teocardalda@yahoo.es
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES