Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cura de adelgazamento

jueves, 20 de septiembre de 2012
Do mesmo xeito que cando unha persoa precisa acomodar os seus parámetros de saúde ten que comezar a practicar algún tipo de exercicio e restrinxir as súas comidas para axeitar o seu peso á normalidade, tamén as administracións deste país deberan estar, e de feito están, sometidas a unha cura de adelgazamento.

Porque nas últimas décadas, coa bonanza económica, os organismos foron facéndose máis complexos, acometendo máis iniciativas e asumindo máis e máis competencias, ás veces coincidentes coas doutros organismos, producíndose un crecemento desmesurado que rematou por evidenciarse insostible. E nesas estamos.

Agora que todos procuramos esa sostibilidade que non significa máis ca poder chegar a fin de mes sen demasiados agobios, particulares e institucións acomodamos os nosos orzamentos ás realidade e procedemos a desembarazarnos de carga que se comportan como adiposidades prescindibles.

A Xunta anda adelgazando institucións e suprime fundacións das que nin siquiera coñeciamos os nomes, creadas para darlle maior axilidade á administración xa que os parámetros de funcionamento destas entidades son moito menos ríxidos que os da propia Xunta.

Se dicimos que a Xunta leva anulados máis de medio cento de organismos institucionais pode parecer unha cifra rotunda, avalada polos máis de vintecatro millóns anuais de aforro. Pero se sabemos que aínda perviven case un cento, entendemos que o proceso ten que seguir para conseguir unha racionalización tanto da mesma administración como dos custos que esta parafernalia administrativa conleva.

Toda cura de adelgazamento require sacrificios e persistencia. Neste caso agardemos que a Administración resultante, liberada de tanta faramalla como chegou a posuir, sexa máis axil, máis barata e alomenos o mesmo de eficaz.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES