Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Días de Cine

miércoles, 19 de septiembre de 2012
En Lugo, estamos inmersos en días de cine, xa que hoxe é o terceiro da XXXIV Semana Internacional de Cine, e na cidade hai diversas oportunidades de asistencia a proxeccións e outras actividades, constituíndo un oasis no medio do deserto cinematográfico.

Porque unha Semana temos cine, e o resto do ano só temos as produccións especialmente de Hollywood que se emiten nos multicines, mortas as salas tradicionais hai xa ben tempo.

Dentro destas celebración, un dos patrocinadores invitábanos a traballar sobre os vellos cines que houbo na provincia, preguntándonos que quedaba na actualidade. E saíron a relucir Viveiro, Ribadeo, Monforte e Lugo, quedando o resto da provincia – Vilalba incluída- sen salas de proxección. E lembramos o Teatro Vilalbés, na carretera, e o Cine Parroquial onde está agora o Auditorio, que pasaron a unha dudosa mellor vida, sendo o cine un fenómeno en regresión faltando só para unha viaxe no tempo que se organicen proxeccións ao aire libre con motivo das festas patronais como pasa coas mallas tradicionais que xa só son espectáculos festeiros.

Desapareceron os cines de Rábade, de Guitiriz, de Cospeito, de Meira, de Mondoñedo, do Valadouro, e os dous de Vilalba, entre moitos outros. Porque deixou de ser negocio, porque era imposible afrontar os investimentos necesarios, porque era máis rendible vender os vellos cines para edificar nos seus solares, porque aínda que –ao contrario do que dicía a canción- o video non matou a estrela da radio, o video e a televisión liquidaron os cines tradicionais, que tanto contribuiron nos anos corenta, cincuenta e sesenta ao lecer dos nosos pobos.

Eu lembro na miña nenez o arrebato dos asistentes a unha película de Sara Montiel no Teatro Vilalbés, á que eu asistín antes de ter idade legal para aquelo, só dicíndolle ao taquilleiro que eu era maior do que era, o que resultaba ben difícil de crer polo desmedrado da miña estructura. E as aglomeracións diante do Cine Parroquial para asistir ás proxeccións de Molokai, coa historia do Padre Damián, apóstol dos leprosos.

Xa digo que en Lugo son días de cine, Semana de Cine. E levamos 34 semanas, os mesmos organizadores, porque non hai relevo, parecendo que somos como a fachada dun vello cine que se resiste a caer ao chan. Se alguén dos que me lea sente nostalxia do cine, esperámolo estes días en Lugo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES