Goberno inerme
Editorial - miércoles, 19 de septiembre de 2012
A última guinda, polo de agora, ven de poñela o Ministro Guindos, cando afirma que se España non medra periga o Estado do benestar, este que tanto traballo nos costou gañar, que coidabamos inamovible,
Refírese o Ministro que ou medramos ou caemos; ou xeneramos emprego, riqueza e consumo, ou esto será insostible. Pero resulta que o que di o Ministro é o que din os nosos paisanos, o que dicimos cada un de nós vendo a evolución das nosas particulares economías nunha sucesión de tropezóns dos que non conseguimos recuperarnos.
Que o diga un Ministro do Goberno, precisamente o Ministro de Economía, ven de poñer de manifesto que todos nós levamos un economista dentro á hora de valorar a nosa situación e a do noso contorno, e que todos sabemos que por este camiño non imos a ningún lado.
O que non está claro é que o que todos sabemos o saiba o Ministro Guindos e con el o goberno. Porque todas as decisións que o goberno toma tiñan que estar perfectamente planificadas, previstas, para que constituísen etapas dun camiño, folla de ruta en fin, que nos levase cara a unha recuperación que precisamos xa.
O que sacamos en consecuencia das decisións que se toman e das palabras que se pronuncian é que o Goberno está menos avisado que calquera de nós en relación co que pasa na rúa, e as decisións que se toman poden ser rendibles e acertadas a longo prazo pero non de xeito inmediato que é o que disfrutamos ou sufrimos segundo acerten ou erren con elas.
Non é que o goberno non goberne. Goberna. Pero toma decisións á tola ou á desesperada, e eso fainos pensar que puidera estar sen forzas nin armas para dominar unha situación que ven controlada desde moi lonxe e desde moito máis arriba.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora