Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Suspense nas ofertas

martes, 18 de septiembre de 2012
Nestes momentos existe un certo suspense en relación coas forzas que van contender nas próximas eleccións ao Parlamento de Galicia. Porque precisamente agora é cando moitas persoas ata agora arredadas do mundo político senten a tentación de servir á comunidade na que viven como representantes na Cámara galega.

Contamos de seguro coas forzas políticas habituais, e mencionados polo orde previsible de representantes que se consigan está o Partido Popular, o P.S.de G-Psoe, e o Bloque Nacionalista Galego. E a partir de aí, todo ou case todo son incógnitas.

Certo que ao existir forzas políticas que se saíron do Bloque, esas forzas, en solitario ou en compaña doutros comparecerán, e haberá forzosa fragmentación do voto nacionalista derivada desa participación por separado.

Están os de Esquerda Galega, en solitario ou acompañados, Terra Galega, e outros que poidan achegarse, que noutras eleccións eran habituais forzas que aínda que non tiveran arraigo nesta terra conseguían formar listas e participar de xeito testimonial.

E aínda que a priori nos poidan tamén parecer testimoniais están UpyD, que parece poden participar, e o Partido Sociedad Civil y Democracia, auspiciado polo antigo banqueiro Mario Conde, que se quere pasar con armas e compaña ao mundo da política.

Por se alguén considera que a oferta dos grupos tradicionais, dos que normalmente obteñen escanos, é limitada ou xa coñecida, haberá pois outras ofertas para poder elixir entre o voto útil e o consciente, entre o voto ponderado e o irreflexivo, entre unha candidatura e outra. Non, polo de agora, entre persoas determinadas, que o das listas abertas por agora non entra nas ofertas nin dos partidos nin do sistema. Aínda que, cabe supoñer, todo se andará.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania