Tensando a corda
Editorial - lunes, 17 de septiembre de 2012
En Galicia temos a concepción dos cataláns como uns compañeiros de viaxe aos que sempre compre vixiar, ben para que manteñan as regras de xogo e non nos collan a dianteira coas conseguintes vantaxes especialmente económicas, ben para asimilar o bo que teñen as súas actitudes, emprendemento e laboriosidade, das que nunca ven mal aprender.
A síntese básica do seu comportamento ao longo da historia foi tensar a corda das súas relacións para obter beneficios, conseguindo sempre algo ou boa parte do pretendido.
Nunha desas fases tormentosas estamos agora onde plantean unha vez máis a independencia, esta vez con grande pompa e circunstancia para que o resto da España considere o duro que resultaría o camiño se Cataluña non nos acompaña.
Saramago ten planteada unha fábula na que a Península Ibérica se corta polos Pirineos para adentrarse no Atlántico e vivir existencia independente. E Lois Dieguez algo similar para Galicia, separada do resto da península para navegar polo mar cara ao oeste.
Tensar a corda supoñen algúns cataláns que pode proporcionarlles mellor trato diferenciado, rendibilidade económica, a fin de contas. E amagar coa independencia coidan pode proporcionarlles sustanciosos dividendos. Pero o argumento perde validez canto máis se utiliza. E as cordas, de tanto tensarse, acaban por romper.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora