Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aire sobre aire

lunes, 17 de septiembre de 2012
Aire sobre aire quente da miña nugalla e a misericordia dun golpe de calor viaxa pola rúa que me leva á inocencia dunha tarde de verán na leira do Caneiro, de cando un sacho se cravaba na terra, de cando uns brazos tiraban con forza do sacho e de cando as pingas de suor caían da cara ao chan a causa do esforzo e por culpa dun sol que te fundía moi lentamente pero sen compaixón.

Aire sobre o aire quente da miña conciencia que, naqueles tempos, non era trigo limpo, porque a conciencia, na infancia, case non existe e un asimila as situacións tal como asoman no transcorrer dos anos mozos, sen importar o como o cando o por que e o onde.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania