Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Imos de mal a peor

lunes, 17 de septiembre de 2012
É lamentable comprobar como o goberno do Sr. Rajoy, vai día a día de mal a peor, van camiñando por dirección prohibida e non se dan conta, ou non ten quen os avisen ou o fan de forma intencionada. Eu non sei que pensar.

A estas alturas de lexislatura hai elementos suficientes para valorar a labor feita. En conxunto é un auténtico despropósito, nunca tanto se fixo tan mal en tan pouco tempo. O resultado é que está esgotado todo o crédito, ou capacidade de manobra que da unha maioría absoluta. Na historia das democracias do noso entorno nunca un dirixente político esgotou tal capital en tan pouco tempo.

D. Mariano colleu o país non charco, iso é evidente, dúas lexislaturas de Zapatero, foron suficientes para deixar o país arruinado, de xeito nós estamos intervidos economicamente dende maio do ano 2011, an que se queira disimular de varias formas.

O paso do tempo co goberno de D. Mariano, en lugar de modificar a dirección desastrosa que imprimiu o goberno Zapatero, seguiu a cometer erros e mais erros, así que pasamos de estar nun charco a estar metidos nun lodazal, no que o Presidente está enterrado ate a cabeza, e para saír, segue meténdose mais dentro. A imaxe que da é a dunha persoa sen ideas, sen rumbo, sen enerxía, temeroso, que está a escapar e con moito medo de enfrontarse a realidade. Todas estas variables son as contrarias as que necesita un líder para afrontar unha situación tan delicada como que está a pasar o país.

Os erros víanse vir dende o comezo, co nomeamento do equipo ministerial, empezando por a area económica, D. Mariano terá que dar explicacións porque persoas da capacidade e do prestixio do Sr. Rato ou do Sr. Pizarro, non estiveron aí. Optou por o Sr. De Guindos, que viña co estigma de Lehman Brothers, recórdese que foi a entidade que comezou o fiasco financeiro e o Sr. Montoro, que levaba dúas lexislaturas na cámara baixa, non de todo acertado.

Se malos foron os comezos, peor van sendo os resultados, en lugar de recortar onde hai que recortar, e ser innovadores e creativos, colleron o recorrido más fácil, recortar e mais recortar e subir e mais subir taxas e impostos, cun discurso incoherente, falto de contido e contraditorio.

Día a día son maiores os capitais que van en busca de entornos mais seguros, porque a estas alturas non se lle poden por cancelas o mar, a libre circulación de capitais é un feito. Outros optan por inverter os seus recursos en moedas diferentes o euro, tales como o dólar americano, o franco suízo, a libra esterlina ou a coroa Noruega, sen necesidade de moverse de país.

A presión fiscal non pode ser mais asfixiante, e medidas tales como a tan soada da amnistía fiscal, se non fora por o seu trasfondo sona a chiste.
A impresión que nos produce o equipo económico é de falta de coordinación, de falta de ideas, de estar a facer todo o contrario do prometido no programa electoral. Vemos que os números non lle cadran e cando nos los explican mais vale que calen.

O prezo deste desgoberno empezou a pagarse nas eleccións andaluzas, seguiu cos asturianas e agora temos a porta as galegas e vascas. Nas vascas o PP, ten a posibilidade de perder entre un ou dous escanos, cando se pensaba que alí xa tocaran fondo, e nas galegas, vanse a converter nun vitoria amarga, dado que, ese escano que precisa o PP para conseguir a maioría, día a día vai mais xusto, con dúas ou tres aparicións por o territorio de D. Mariano e o seu equipo son suficientes para perdelo.

Hai unha cadea lóxica de estímulo, resposta, consecuencias, así que a hora de escoller a papeleta do PP, é difícil que non se asocie o Rr. Rajoy e o seu desgoberno, e se opte por cambiala ou non depositala. A xente xa non está para soportar tanta disonancia cognitiva. O gran perdedor é o Presidente da Xunta, o Sr. Núñez Feijoo, que o meu entender, en términos globais fixo unha labor digna.

Esperemos acontecementos, e de paso podemos reflexionar que cousas fixemos para merecermos dúas lexislaturas de despropósitos zapateriles e iniciar unha nova andadura marianil.
Digo eu, ¿será unha maldición?
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES