Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Pascua é luz, esperanza... vida. Aleluia!

lunes, 28 de marzo de 2005
O Crucificado é agora o Resucitado. Deus rehabilitou a Xesús, o Cristo. O caos, o medo, a noite, a violencia, a morte...quedan enterrados/as. Con eles a dor, os laios, o sufrimento, o desespero. Non máis paixón nin máis morte. É posible derrubala, vencela. Chegan os novos ventos da victoria. Dan paso á vida.

Despois da resurrección de Xesús é posible a vida, outra vida, outro xeito de vivir, outra sociedade, outro mundo diferente e novo sen ruindades, inxustizas e desigualdades. A humanidade precisa renovación, transformación (resurrección) para pasar da morte á vida, para resucitar con Xesús. Para iso ten de ir polo camiño da verdade, da coherencia de vida, da fidelidade a Deus e da entrega ós irmáns. Polo do amor. Cristo morreu por amor e o amor devolveulle a vida.

Neste día da Pascua, anticipo da propia resurrección, conscientes de que hai que volver á vida diaria (rutinaria, mediocre, sen senso) debemos reconvertírmonos e saír con outra cara e actitudes. Con aire de resucitados. A Luz (a Vida) chegou ó mundo e está entre nós e cómpre que o saiban todos e todas. Digámoslle ó mundo que o Rei da Paz non está morto; que a tristura, a soidade, o pecado e a dor non teñen senso nin sitio nun mundo de luces, de esperanzas, de irmandades. Berremos que nin as xenreiras e as envexas, nin os odios e as vinganzas, nin as violencias e as guerras deben seguir campeando nun mundo que quere (e ten dereito) a ser feliz e a vivir en paz e harmonía.

Arestora, cando abondan os pregóns (invitar a comer, beber e se divertir) cómpre pronunciar todos o noso "berro seco": Deus Resucitado está connosco, anda nos nosos camiños, entre os homes e as mulleres que loitan pola paz, pola xustiza e pola fraternidade!; que xa somos moitos e moitas pero que temos que ser todos e todas!; que os outros camiños (os do egoísmo, os do consumo, os dos negocios e abusos, os das trampas) non nos levan a ningures!; que todos xuntos e unidos podemos construir un mundo novo e marabilloso!: Un mundo sen ira, sen fame, sen violencias, sen guerras!. Un mundo no que as xuntanzas non servan para programar guerras e fundir máis ós pobos pobres, que as mans abertas non servan para dar labazadas, senon para axudar, para cooperar, para ofrecer, para soster, para acompañar...Sabemos que isto ten que agromar porque hai moitos cristos dispostos, coma Xesús, a manter a esperanza na noite.

Xa estamos listos e espertos para camiñar!. Resucitou o Señor e vive entre nós, os que andamos nos seus vieiros. FELICES PASCUAS PARA TODOS/AS!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES