Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mellor, o cine

viernes, 14 de septiembre de 2012
Hoxe, por querencia e vencello co tema, debería falar da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que acada a súa XXXIV edición, e que o próximo luns abre as súas portas.

Pero hai outros temas que piden paso e queren a súa mención, que nunca poden quedar silenciados, e que mesmo poderían merecer cada un deles un tratamento cinematográfico, e proporcionarían películas reais coma a vida mesma.

O tema máis vibrante é o das próximas eleccións que traen en vilo a todas as forzas políticas, teñan posibilidades ou non, estean no goberno ou na oposición, e mesmo sexan sorprendentes como a patrocinada por Rosa Díez ou a daquel neno portador da ofrenda no Corpus que se chama Mario Conde e quere subir aos ceos da política despois de baixar aos infernos da economía.

Tampouco é mal tema a denuncia penal que Benito Martínez Muinelo, policía municipal, ten presentada contra a Xunta de Goberno do Concello de Lugo por presunta persecución e vulneración dos seus dereitos como delegado sindical.

E se nos poñemos serios de verdade, compre subliñar os problemas que están sufrindo moitísimas empresas lucenses, algunhas punteiras no seu sector, que pechan portas quedando na rúa numerosos traballadores.

Pero todos os temas que se abren paso na nosa conciencia soportan a opresión dun tempo difícil, mentras que o cine –fábrica de soños- séptima das artes, permítenos ver a vida con milleiros de ópticas diferentes, ateigadas de ilusións, para logo volver ao mundo real.

O cine é o elemento máis poderoso dos que hoxe podemos utilizar, porque permite rebobinar, volver a empezar. Esa é a cuestión: Que na vida cotiá non dispoñemos de todas as marchas precisas para poder camiñar pola actualidade, e rectificala se non nos gosta. Pero non está na nosa man cambiala. Nin siquiera coas próximas eleccións. Así que, se se trata de ilusión, só nos queda o cine. Disfrutémolo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES