Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vergoña deste país

viernes, 14 de septiembre de 2012
Por veces produce vergoña ser español. Só por veces, é verdade, pero non é infrecuente.

A última vez, coa noticia que proclamaba que Carlos Divar, o que foi Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo, renunciou á indemnización de 208.000€ despois de tela reclamado.
A indemnización, que se lle ía conceder en base á Lei 74/1980, era en concreto de 208.243 euros, resultante do oitenta por cento do seu soldo durante dous anos.

O cese de Carlos Divar, que ao final foi voluntario por medio da súa dimisión, podía orixinar esa indemnización sobre a que estaban divididos os membros do Consello, xa que moitos opinaban que non debía tela solicitado.

Supoñamos que foi unha cordura tardía a do expresidente a que o moveu a renunciar a unha indemnización xa solicitada, e un alivio para todos os membros do Consello por non ter que pronunciarse sobre un asunto tan espinoso.

A vergoña que un feito así produce –allea, pero vergoña ao fin- é por pertencer a un país que non se rebota, axita, ferve e reventa diante dunha situación na que un alto cargo pode ser indemnizado con case trinta e cinco millóns das antigas pesetas por ter sido premiado cunha dignidade magníficamente remunerada, da que ten que saír de mala maneira pero sen merma do lucro agardado se todo saíse ben na súa estadía en tarefa tan alta.

Mentras non recoñezamos que moito do que pasa nos fai sentir vergoña, mentras os que gobernan o país non saiban o que é sentir vergoña, só nos queda agardar que o último apague a luz. Se é que antes non viñeron cortala.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES