Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parados nos incendios

jueves, 13 de septiembre de 2012
Empezamos a desbarrar. Como os parados xa se contan por millóns, e as indemnizacións ás que por Lei teñen dereito supoñen gastos moi elevados para os orzamentos estatais, alguén pretende rendibilizar estas cantidades facendo traballar aos parados. E non estaría nada mal, e os paradoS seguro que estaban conformes, se ese traballo fose da especialidade ou similar ao que desempeñaba o traballador que deveu en parado.

Pero tratar de que os parados se convirtan en loitadores contra dos incendios, aínda que sexa para a limpeza posterior, parece un sensentido.

Xa se di que non terán que cambiar de lugar de residencia, e que só afectará aos que perciban unha cantidade igual ou superior ao salario mínimo interprofesional que anda arredor dos vinte euros diarios.

Entre os parados hai docentes, sanitarios, administrativos, albaneis ou coidadores de enfermos por mencionar cinco ramas da actividade que non se entende ben que farán metidos en faena entre os rescoldos dun incendio do que sen dúbida sairán chamuscados.

Mágoa que a situación difícil que vivimos non proporcione aos nosos gobernantes medidas máis lúcidas e efectivas que esta que nin siquiera resulta xeitosa de cara á galería. Deus nos dea sentidiño, especialmente aos que gobernan.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania