Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

José María Arias, pensionista

miércoles, 12 de septiembre de 2012
Posiblemente o pensionista – actual ou futuro- José María Arias non teña a menor inquedanza en relación coas decisións do Goberno sobre o tema das pensións.

Unha noticia publicada en La Voz indica que José María Arias, que foi presidente do Banco Pastor ata a súa fusión co Banco Popular vai percibir unha pensión de 17.000.000 euros segundo o mesmo Banco –popular- fixo constar diante da Comisión Nacional do Mercado de Valores. Esto independentemente dos 1.330.000€ que percibiu como salario.

Prexubilado no banco galego, é vicepresidente do banco máis grande pero sen remuneración.

Eu non defendo a censura das noticias, pero a hixiene social que este país precisa contrasta repugnantemente con feitos coma este. E xa que non é posible eliminar o motivo, habería que pensar en non publicar estas cousas para evitar cabrearnos.

Ou publicalas, como neste caso, para cabrearnos aínda máis polo mundo e o tempo no que nos tocou vivir.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES