Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Compañía do Ruído, dixit

miércoles, 12 de septiembre de 2012
HABÍA DE CHOVER MERDA (A Compañía do Ruído dixit)

“Hoxe quenta o sol jaiteira, enche o fol e xente ás leiras
lume e pica ferro a fondo e fe en dios”

“Había de chover merda” é a proposta que hai un ano lanzou A Compañía do Ruído. Trátase dun disco esteticamente caracterizado polo formato de caderno e a cor negra, como se quixera ser unha pequena bitácora de consellos para a vida.

Cando abrimos o caderno atopámonos á dereita do disco cun debuxo coa frase: “porque temos o que merecemos, vota José!!”.

Comeza aquí unha dinámica debuxo-poesía que ten como centro a denuncia contra a realidade actual. Deste xeito seguimos atopando imaxes, pensadas ao estilo de Castelao, con frases coma “mira pra aí, chegan de bedel, e acaban de ministro”. Trátase dunha crítica social e política que ten un carácter poliédrico, e intenta abarcar distintas perspectivas e disciplinas.

Pero volvemos á temática das cancións, e vemos que se trata de temas cos que hoxe en día calquera persoa se pode sentir identificada:
“E o pueblo iría a pique, se non tivera un cacique,
que manteña e ilumine a súa cidá.
Consentido no aplique de artimañas, ben se vive,
pues el llano pueblo está pa trabajar.
E hai que estarlle agradecido, non facer moito ruído
Pois bendita para nós a súa bondá”.

Atopamos, tamén, un pequeno discurso inicial que apunta a todos aqueles que se soben ao carro da política para rodar eternamente de xeito interxeracional, sen procurar en ningún momento servir ao pobo que inxustamente representan. Neste sentido, podemos dicir que é un disco indignado que deixa ao sistema en cueiros e con todas as súas vergoñas ao aire; xa que todos os grandes poderes son atacados con argumentos veraces e case imposibles de rebater, por que son os mesmos que se escoitan na rúa e nos bares a cotío: os da xente farta de manter nos postos oficiais a auténticos vampiros.

Podemos finalizar cunha estrofa ben significativa no noso día a día:
“Si un pobre roba sien pesos, entonces es un ratero
Si un rico roba un millón, es un próspero banquero
Al pobre le dan pa dentro, y el rico pál gosadero”.

Un disco para escoitar cos oídos da frescura que alimentan as nosas utopías mais fondas.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania