A tropa do Diaño
Cardalda, Theo - miércoles, 12 de septiembre de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
Están a dicirnos un dia si e outro tamén que os recortes en sanidade, ensino e investigación ( sen contar a que nos ven enriba sobre as pensións) son para sacar ao país desta crise-estafa. De boas intencións está o inferno cheo, intencións xa levadas a cabo sacando diñeiro público para salvar aos bancos e alimentar a toda esa tropa de banqueiros, ese pozo sen fondo que nos leva a ter unha débeda pública das máis altas do entorno europeo, onde hai poucos anos era unha das máis baixas.
Esta mesma tropa sabe por onde camiña este goberno e que isto non ten saída, pois coñecen polo miúdo a escabechina que fixeron e non se arranxa nin que veña o Sr. Rajoy a darlle bicos ao Santiago-Matamoros. Hai outras alternativas e o saben tamén esa mesma tropa banqueira, pero queren ser privados para os beneficios e seguir sendo privados nas perdas con diñeiro do pobo ata sacarnos a pel e o unto.
Que ninguén pense que o diñeiro que estase a retirar dos bancos somos os da nómina, non, son as grandes fortunas, son os mesmos que fixeron este desastre. O capital é covarde e fuxe en canto cheira a crise-estafa, diñeiro que non se perde, vai a outros eidos a seguir enchendo o bandullo desta cuadrilla de insaciables.
Xa está ben de cachondeo, se un banco quebra, pois que o faga, como calquera empresa e si os seus acredores son os bancos alemáns, que se senten agardando e que choren, non a xente sinxela que nada tiveron que ver nesta estafa.
E o Sr. Rajoy ao servizo destes elementos, inclusive dándolles indultos con condenas firmes. Como dicía a miña avoa: ...prometer ata meter, e despois de metido ao carallo o prometido...

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora