Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Intemperie

miércoles, 23 de marzo de 2005
¿Sabes amigo, por que nos carbonizan a esperanza?
Os "Sagrados-Baróns"
seguen blindados, inmunes o rubor.
Son todos honorables.
Ínclitos foros coercitivos, apuntalan excelsas democracias.
Hai antros de togados impenetrables para Prometeo.
¿Que parámetros usan para medir o crime?
Os delitos prescritos non se xulgan
e así os “Intocables” poden ficar indemnes.
Se a túa fame ladra, non penses en furtar unha galiña.
Cos desvalidos a lei é implacable.
Encarcelan o trigo e hai nenos fantasmais,
que nunca vislumbraron a mirada de Deus .
iCalcináronlle as ás en pleno voo!
¿Onde está ese crisol que dignifique o diapasón da alma?
Falan da "Aldea-Global”
e ó noso redor érguense muros.
¿Por que cercan o prístino do día?
iNo seu reino absoluto a luz está proscrita!
Dinamitan o canto,
a chuvia,
o latexo do vento.
A xerga do sicario acuña novos términos,
para ocultar as máscaras.
O único global é a miseria.
Que o digan Indochina,
Ruanda, Saraxevo,
Kuwait, Latino-América.
¿E os dous mil millóns de parias sobre a terra?
As súas noites desángrannos por todalas feridas.
Sepultan alboradas de trillas e pombares
entre as súas blindaxes.
Hai múltiples tesouros amasados con vísceras de mártires.
iOs cibernautas do odio!
¿Por que estragan os pétalos da aurora?
Imperiosos buitres fusionan as gadoupas
para tronzar arterias planetarias.
iFurtáronlle ós escravos o seu cerne vital!
¿Qué persigue esa tribu de alienados?
Hai “Venerables" en torres de marfín diagramando masacres,
e bacanais regadas con Champagne e Coca-Cola.
iOs fillos da intemperie escarvan entre lixos,
para sobrevi vir ós seus naufraxios!
¿Por que tanta inclemencia..?
¡Toda a fame do mundo cabe nun silo atómico!.
Gzlez. Ananín, Eduardo
Gzlez. Ananín, Eduardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES