Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Intermón Oxfan

martes, 11 de septiembre de 2012
Hai iniciativas que sorprenden, entusiasman e namoran, por ser o mesmo tempo, sinxelas, creativas e innovadoras.

Acabo de chegar dunha voda en Pamplona, de dúas persoas moi entrañables e significativas para min. A celebración, na igrexa de San Nicolás, foi un ritual de paso, medido coa precisión dun reloxo suízo e vivido coa intensidade dos grandes momentos. A calidez dos celebrantes, a comuñón dos asistentes e os acordes de música clásica, que saían das maos mestras do violinista, da viola e do violonchelo, en simbiose perfecta coa voz da soprano, quedaron atrapados na miña memoria, como fitos significativos, que revivirei, como momentos gratos, con moita frecuencia.

De toda a cerimonia o que mais me sorprendeu, foi o final, cando chegou o momento da entrega deses agasallos, tan curiosos e a veces tan inservibles que os noivos entregan aos invitados. Eu teño recibido botellas de licor, anque non son bebedor de alcohol; cigarros puros, cando non son fumador, ou detalles feitos en china, que cando chego a casa non sei onde colocalos, e que con frecuencia, nun prazo breve de tempo, convértense en estorbos.

Esta vez era algo diferente, os noivos, radiantes e cheos de gozo, ían de mesa en mesa, entregando os seus invitados, unha cartolina, na que no anverso dicía:

“Nos hace mucha ilusión compartir este momento con vosotros…..” e no reverso continuaba “… y con mucha más gente de todo el mundo, personas que están lejos de aquí, pero merecen tanto como nosotros poder ser felices.

Por eso, y en vuestro nombre, el detalle que pensábamos hacer a nuestros invitados, lo hemos destinado a un regalo original y solidario: 450 menús familiares para Perú, para que muchas personas puedan tener una vida mejor.

Iniciativas como esta, son as que permiten encamiñarnos na dirección correcta para conseguir unha sociedade mais ecolóxica, mais solidaria, mais equilibrada e mais xusta, sen necesidade, por veces, de recorrer a recursos extra, soamente chega con reconducilos na dirección correcta.

Intermón Oxfan, Médicos sin Fronteras, Manos Unidas, Cáritas, e tantas outras ONG, que desempeñan unha gran labor social, e que están tan escasas de recursos, están esperando coas maos abertas estas pequenas axudas, que sumadas unha a unha, farán que pasen de ser escasas, a ser moi significativas.

Eu quero agradecer a Pedro e a María esta acción solidaria o día da súa voda, co desexo de que marque tendencia, e que eses agasallos xenéricos, por veces sen sentido e sen identidade, cedan o paso a estas novas iniciativas, que con insistencia están a chamar nas nosas conciencias.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES