Xogos perigosos
Editorial - martes, 11 de septiembre de 2012
Perigosos para o que xoga sen coñecer con exactitude as reglas do xogo. Porque os medios técnicos que a civilización actual pon nas nosas mans son tremendamente poderosos e ben utilizados son un síntoma de progreso e uns elementos definitivos para a promoción da cultura e a promoción social.
O máis recente mal exemplo de utilización de tecnoloxías que ás veces se nos van das mans é esa gravación íntima efectuada por unha concelleira do centro da península que é libre de efectuala pero unha vez conseguida corre o perigo de que voluntaria ou inadvertidamente circule por canles para as que non estaba prevista.
A difusión desa gravación foi un salto á fama da protagonista, seguramente contra a súa vontade, pero posiblemente aquí tamén se poida aplicar o primitivo refrán de palabra dita e pedra solta, non teñen volta. Unha vez lanzada esa gravación ao espazo infinito da Rede non hai volta atrás, independentemente de quen sexa o causante da desfeita.
Os xogos perigosos deben facerse con pleno coñecemento das reglas, das dimensións do campo no que se xogan e na repercusión de que o tema se vaia das mans voluntariamente ou como un accidente- como un incendio forestal no máis cálido verán.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora