Mercar unha vivenda
Editorial - miércoles, 23 de marzo de 2005
A nosa cultura é de mercar e non de alugar. A cultura dos galegos era a de ter un anaco de terra onde "caer morto", que se pode traducir na actualidade por posuir unha vivenda para toda a vida, e aínda despois por tratarse dun ben que deixarlle ós fillos.
Parece ser que este costume non é moi europeo, e pola U.E. adiante constrúense máis pisos para aluguer que para venda, e os usuarios dunha vivenda non afrontan coma aquí os problemas de adquisición, senón que o pago dun aluguer exímeos de calquera outra responsabilidade.
Por aquello de converxer hacia os europeos que levan máis tempo ca nós séndoo, o Goberno dicta disposicións de axuda ós que aluguen vivendas, fomentando especialmente que os máis novos sexan os seus alugadores, a pesar de que son milleiros os pisos en venda valeiros que hai polas cidades de Galicia.
É dificil entender esa manía de alugar, como non sexa para evitar -de xeito paternalista- que os galegos nos endebedemos de por vida para conseguir unha vivenda en propiedade.
Porque resulta que na actualidade, o pago dunha hipoteca ven resultar máis ou menos igual ca un aluguer, e ó remate duns cantos anos a vivenda queda da total propiedade do adquirente e, coas revaluacións anuais, este ten unha auténtica fortuna na man.
Polo tanto, aluguer como fórmula temporal, ben. Pero a adquisición dunha vivenda, por experiencia, é a solución perfecta aínda que non sexa a máis cómoda.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora