Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maldita estampa!

lunes, 10 de septiembre de 2012
Vai sol. Chove. Hai néboa. Dá o mesmo. É día. O ruído de catro campás soando é ruído. Ruído no silencio.

Unha bala. Unha bomba. Un estoupido. Tamén é ruído. Ruído que se fai silencio. O silencio da morte. O ruído da guerra. De calquera guerra.

Un poema triste. Unha cara inocente. A infancia na guerra. Todo un poema. Silencio no poema. Ruído na cabeza.

Un sacho. Un arado. Unha gadaña. Pingas de suor no embigo. Na cara. No peito. Dor por todo o corpo. Silencio na leira. Ruído de ósos que estralan. Pingas de suor. Torrentes de traballo. De traballo escravo.

Vai sol. Chove. Hai mortes. Hai bágoas. Hai miseria. Maldita estampa! Silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES