Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As pensións

viernes, 07 de septiembre de 2012
Os economistas, os políticos e especialmente os pensionistas están expectantes co que poida pasar coas pensións, o capítulo máis importante do orzamento de gastos do Estado español.

Falamos das pensións contributivas, as que o Estado aboa aos traballadores que, rematada a etapa laboral, perciben un salario mensual baseado nas cotizacións aboadas ao fondo de pensións durante toda a súa vida de traballo.

Falamos de pensións que se en España teñen un promedio de algo menos de 950 euros mensuais, en Galicia son moito máis baixas quedando algo por debaixo dos 700, sendo a nosa a comunidade hispana que ten as pensións máis baixas, froito dos salarios máis baixos e conseguintemente máis baixas cotizacións.

Por eso aquí preocupa de xeito especial un retoque das pensións seguindo as instruccións de Europa que iguala todos os raseiros, sen ter en conta as posibilidades e características de cada país membro da Unión.

Non se pode “retocar” as pensións agora existentes, agás as multimillonarias que rebasan calquera límite legal e resultan insultantes. E o Goberno xa ten feito méritos abondos para acomodarse ás directrices europeas como para acometer agora ou no futuro accións irreparables nun tema tan sensible para máis de setecentas mil galegos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES