Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

La realidad

viernes, 07 de septiembre de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

“ Quien me ha impedido cumplir mi programa ha sido la realidad”. Palabras ditas nunha entrevista polo presidente Mariano Rajoy a un xornal . Se fora verdade que descoñecían a realidade do país, demostra que o Sr. Presidente e o PP están fora de onda e incapacitados para gobernar. Esta palabras non deixan de ser un insulto á intelixencia da cidadanía e non xustifica ese grande fraude electoral e contrato que fixo co pobo. Este partido, mentiu, enganou e con estas últimas palabras do Sr. Rajoy pretende xustificar cunha nova trola o inxustificable.

O PP desde este intre queda deslexitimado para seguir no poder. As promesas de Rajoy non é que estiveran fora da realidade, senón que el está fora da realidade . En política cando un promete e non cumpre, mente en todo e, por riba recoñece as súas mentiras, ten que ter a dignidade e decencia de dimitir. Se fora verdade o que di e fora un político honesto e posto que non pode cumprir o programa electoral votado por ese 38 % dos españois debería fuxir, convocar novas eleccións e presentarse con un novo programa acorde coa realidade. Só lle quedan dúas solucións democráticas: (supoñendo que temos democracia) a convocatoria de novas eleccións ou un referendo de ratificación das políticas aplicadas, todo o demais é unha degradación da política.

Todo o que están facendo non deixa de ser pura e dura ideoloxía de partido reaccionario e antidemocrático, inimigo de todo o que sexa público e de melloras sociais intentando manter a toda velocidade os privilexios duns poucos, a costa da educación, saúde e a miseria da clase traballadora.
Para dignidade política a que tivemos que ollar estes días en Japón, cando dimitiu o goberno por incumprir o seu programa soamente pola aprobación dunha polémica subida do IVA.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES