Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os menos felices

miércoles, 05 de septiembre de 2012
Tiñamos a certeza absoluta que en Europa, segundo se ían cruzando paralelos hacia o sur, aumentaba progresivamente a felicidade, porque o norte vivía pensando especialmente no traballo mentras que o sur – carácter mediterráneo, se chamaba – tiña a noite como o paradigma do disfrute primando o lecer sobre calquera outra actividade.

E nesto que un semanario británico tan presumiblemente serio como The Economist fai unha enquisa coas opinións de dezanove mil persoas adultas dun total de vintecatro paises para descubrir se na actualidade é posible ser feliz, atopándose coa sorpresa de que o 77% dos enquisados maniféstanse felices, mentras que o 22% estiman que son moi felices.

Pero xa que a alegría vai por barrios, tamén neste caso a felicidade, e resulta que españoles e italianos somos os máis infelices do mundo, parecendo non ter ningunha relación do tema coa riqueza, xa que entre os máis felices están os habitantes de India, México, Turquía ou Indonesia, onde as condicións de vida non son precisamente do primeiro mundo.

Diga o que diga a enquisa, aquí temos moi claro que toda a infelicidade que nos afecte ten que ver con este novo diluvio universal no que non podemos contar con ningún Noé que constrúa unha arca que nos permita sobrevivir ao naufraxio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES