Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Investimentos

lunes, 21 de marzo de 2005
O investimento exterior en Galicia está no mínimo histórico, xa que duns investimentos anuais de arredor do medio milleiro de euros no trienio 2000-2002, baixou a 28 no 2003, e a só 5 durante o primeiro semestre de 2004. E eses cinco mínimos millóns de euros corresponden na súa maioría a investimentos efectuados por empresarios galegos no exterior.

Pola contra, os investimentos de empresas galegas no extranxeiro presentan cifras moito máis "xenerosas", xa que somentes no primeiro semestre de 2004 chegaron ós 168 millóns de euros.

A falla de solo industrial axeitado é - según parece- a primeira causa de que as empresas extranxeiras non invistan en Galicia, co que quedamos fóra da súa presunta rapiña (vox pópuli) pero tamén, e moi especialmente, dos beneficios que as industrias traen consigo.

¿Como é posible que non teñamos solo industrial, cando hai ducias de pequenos polígonos industriais ciscados por Galicia?. Posiblemente o problema sexa o de que son "pequenos polígonos industriais", feitos á medida das posibilidades ou anceios de cada concello, onde se asentan pequenas industrias e comercios (máis destos que daquelas), que non permiten máis que a inclusión de determinadas iniciativas, pero nunca planteados a escala dunha gran industria que precisaría para as súas necesidades a saber cantos destes polígonos xuntos.

Outro tema sería o das comunicacións, porque para que veñan esas empresas que anceiamos e que se nos escapan, son imprescindibles accesos directos ás grandes vías de comunicación terrestres, marítimas ou aéreas.

A solución destas carencias non depende dos concellos nin das administracións provinciais. Ahí, a Xunta de Galicia -Ordenación do Territorio e Industria- e a Administración do Estado, terán algo que dicir se se decide que Galicia sexa lugar axeitado para a recepción de grandes investimentos do exterior.

Parece que tamén esto depende do Plan Galicia, se lembra que unha das accións do plan era un macropolígono industrial na zona centro da provincia de Lugo, ademáis do de Baamonde, que abarcase unha serie de concellos inmediatos á Autovía 6.

Deste xeito posibilitaríase o investimento exterior e interior. Deste xeito, habería algo menos de minifundismo nesto dos polígonos industriais.

Deste xeito, ata podería quedarse corto o plan do goberno galego para conseguir crear nos próximos cinco anos 120.000 postos de traballos, 80.000 deles para mulleres.

Claro que cando escoitamos falar de creación de milleiros postos de traballo (lembremos os 800.000 de F.G.), tampouco é como para confiar na matemática, por influir nestas cifras demasiados ventos e demasiado fume.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES